STALKER
Andrei Tarkosvki, 1979
161´. Subtítulos en castelán.
STALKER
(Unión Soviética, 1979)
Dirección: Andrei Tarkovski. Guión: Andrei Tarkovski, Arkadi e Boris Strugatski, sobre o relato destes dous “Picnic a la vereda del camino”. Produción: Mosfilm. Fotografía: Aleksandr Kniazhinski. Intérpretes: Aleksandr Kaldanovski, Anatoli Solonitsyn. Duración: 161 minutos.
Varias persoas encamíñanse a unha zona onde existe un lugar no que se cumprirán as súas secretas aspiracións. Para iso necesitarán un Stalker, guía ou curioso, que os levará alí mesmo, ao centro da Zona. Nun principio titulada “A máquina dos desexos”, rodada entre 1976 e 1979, a ficción científica inicial pasa a fábula no que é o último filme soviético de Tarkovski. O autor converxe acción física e halo transcendente cunha memorable evolución cromática deixando para o recordo pasaxes, personaxes e numerosas interpretacións metafóricas.