SOLINO
Fatih Akin, 2002
124´. Subtítulos en galego.
SOLINO
(Alemaña, 2002)
Dirección: Fatih Akin. Guión: Ruth Toma. Produción: Wüste Filmproduktion. Fotografía: Rainer Klausmann. Intérpretes: Barnaby Metschurat, Moritz Bleibtreu, Gigi Savoia. Duración: 124 minutos.
A familia Amato deixa Solino en 1964 para marchar a un Solino alegórico: a pizzaría que abren cando emigran ao que para eles se parece a unha Alemaña gris. Gigi, o irmán pequeno, obsesiónase desde cativo co cine. Crece xunto a Giancarlo e xa de mozos bailan con música de Can e dróganse, para máis adiante enfrontarse ao que implica facer películas.