
Santa Marta-Duas semanas no morro
Eduardo Coutinho, 1987
54’. Subt. Castelán.
SANTA MARTA-DUAS SEMANAS NO MORRO
(Brasil, 1987)
Dirección: Eduardo Coutinho. Produción: Instituto de Estudos da Religião (ISER). Fotografía: Breno Silviera. Duración: 54 minutos.
O director e o seu equipo acompañan durante dúas semanas os moradores da favela Santa Marta, na zona sur de Rio de Janeiro. Un retrato cotián: a relixión, a música, a violencia, o racismo, as festas e as utopías dos mozos. Xa ao principio da película, unha vez máis, o director pon de manifesto as condicións da rodaxe. O equipo pide aos moradores da favela que falen sobre as historias de violencia e a discriminación que sofren. Coutinho tamén levou a cabo entrevistas en fogares, nas rúas e na asociación que promove o encontro dos residentes da favela.