
SAN SALVADOR. PRESOS EN CELANOVA
Patricia Nogueira, 2008.
32´. Vídeo. Presentación a cargo da súa autora. Entrada gratuíta.
SAN SALVADOR. PRESOS EN CELANOVA
(España, 2008)
Dirección e guión: Patricia Nogueira Rodríguez. Produción: Faro. Fotografía: Miguel González, Luis Pardo e Manuel Novoa. Duración: 32 minutos.
Con motivo do trinta aniversario da morte de Celso Emilio Ferreiro, Patricia Nogueira dirixe este documental, percorrido pola historia do mosteiro que se converteu en cárcere durante a guerra civil. A historia do poeta engaiolado na súa Longa noite de pedra, a do galeguista Elixio Rodríguez ou a de Celso de Poulo, alcalde asasinado nos arredores de San Rosendo, forman parte dun título que apela á memoria que tantos intentaron facer desaparecer.