Salesman
Albert Maysles, David Maysles e Charlotte Zwerin, 1968
91’. Vídeo. Subt. Castelán.
SALESMAN
(Estados Unidos, 1968)
Dirección Albert Maysles, David Maysles e Charlotte Zwerin. Produción: Maysles Films. Fotografía: Albert Maysles. Duración: 91 minutos.
Considerada hoxe en día coma un clásico do cinema directo, Salesman segue a catro vendedores de biblias a domicilio entre a verborrea e a desesperación. Charlando, facendo presión, engaiolando, contando chistes e historias e mais afagando, os vendedores repiten o seu discurso a unha ampla variedade de clientes, na súa maior parte católicos de clase media e baixa. Un retrato sorprendente do soño americano.