SACRIFICIO
Andrei Tarkovsky, 1986.
149´. Subtítulos en castelán.
OFFRET / SACRIFICIO (Suecia-Gran Bretaña-Francia, 1986) Dirección e guión: Andrei Tarkovski. Produción: Svenska Film Institut, Argos Films. Fotografía: Sven Nykvist. Intérpretes: Erland Josephson, Susan Fletwood. Duración: 149 minutos. Alexander, intelectual descrido e dramaturgo e crítico teatral refinado, vive coa súa familia nunha casa illada de Suecia. Cando se anuncia un ataque atómico, Alexander reza e promete renunciar a todas as súas posesións. Otto, o carteiro da vila, dálle unha solución: debe pasar unha noite cunha das criadas, que ten poderes paranormais. Entón a guerra rematará. Música de Bach para un inesquecible exercicio de lirismo impoñente e percepción mística que clausura a traxectoria dun dos cineastas máis admirados, Andrei Tarkovski (1932-1986), do que se cumpre o 75 aniversario do seu nacemento.