
S21: LA MÁQUINA ROJA DE MATAR
Rithy Panh, 2003.
101´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
S21, LA MACHINE DE MORT KMÈRE ROUGE / S21: LA MÁQUINA ROJA DE MATAR
(Cambodia-Francia, 2003)
Dirección e guión: Rithy Panh. Produción: INA e Arte France Cinéma. Fotografía: Prun Mesa e Rithy Panh. Duración: 101 minutos.
A historia do Centro de detención e torturas S-21, situado no núcleo de Phnom Penh, capital de Cambodia, de 1975 a 1979, durante o dominio do Khemer Rouge. Logo de pasar de escola secundaria a centro de exterminio, as cifras do lugar son brutais. De case 20.000 prisioneiros, sobreviviron 3. Pahn reúne a vítimas e torturadores en busca de explicacións. Premios en BAFICI, Cannes, Leizpig, Chicago, European Film Awards e Valladolid.