Romanzo di una strage / [Relato de una masacre]
Marco Tullio Giordana, 2012
129'. DCP. Subt. castelán.
ROMANZO DI UNA STRAGE / [RELATO DE UNA MASACRE]
(Italia-Francia, 2012)
Dirección: Marco Tullio Giordana. Guión: Stefano Rulli, Sandro Petraglia e Marco Tullio Giordana, unha libre adaptación de Il segreto di Piazza Fontana de Paolo Cucchiarelli. Produción: Cattleya, RAI Cinema e Babe Film. Fotografía: Roberto Forza. Intérpretes: Valerio Mastandrea, Fabrizio Gifuni. Duración: 129 minutos.
Milán, 12 de decembro de 1969. Ás 16.37 horas na Piazza Fontana unha explosión desfai o Banco Nacional da Agricultura, aínda cheo de clientes. Morren dezasete persoas e outras oitenta e oito resultan feridas de gravidade. Nese mesmo momento, estouran en Roma tres bombas máis e outro artefacto é atopado sen explotar en Milán. Parece evidente que se trata dun plan subversivo. A Comisaría de Milán está convencida de que os feitos apuntan a grupos anarquistas. Precisaranse moitos meses antes de que aflore a verdade e desvelarase unha conspiración que vincula os ambientes neonazis de Véneto con sectores desviados dos servizos secretos. A masacre de Piazza Fontana inaugura o longo ronsel de atentados e violencia dos chamados “anos de chumbo”. Durante trinta e tres anos varios xuízos se encadean en distintas sedes e conclúen con sentenzas contraditorias entre elas. Ao final, todos quedarán absolvidos: a masacre de Piazza Fontana, para a xustiza italiana, non ten culpables. Premiada nos David di Donatello e Karlovy Vary.