ROCÍO DE LA MANCHA
Luis Lucia, 1962.
96’.
ROCÍO DE LA MANCHA
(España, 1962)
Dirección: Luis Lucia. Guión: José María Palacios, José Luis Colina e Luis Lucia. Produción: Época Films, S.A. Fotografía: Antonio L. Ballesteros. Intérpretes: Rocío Dúrcal, Carlos Estrada, Helga Liné, Roberto Camardiel. Dur.: 96 min.
A moza Rocío posúe un muíño na Mancha. Os turistas reciben a información de que pertence á célebre aventura de Don Quixote. A rapaza, influída pola imaxe e tipoloxía audaz e xenerosa do cabaleiro, viaxa a París para axudar a unha parella de músicos con problemas sentimentais...Comedia producida por “Época Films”, orquestrada ao servizo da entón figura emerxente Rocío Dúrcal, acompañada dun reparto de excelentes secundarios.