
THE ROARING TWENTIES
Raoul Walsh, 1939
106´. Subtítulos en castelán.
THE ROARING TWENTIES
(Estados Unidos, 1939)
Dirección: Raoul Walsh. Guión: Jerry Wald, Richard Macaulay e Robert Rossen, sobre un argumento de Mark Hellinger. Fotografía: Ernest Haller. Produción: Warner Bros. Intérpretes: James Cagney, Priscilla Lane, Humphrey Bogart. Duración: 106 minutos.
Logo dunha ingrata experiencia na fronte francesa da I Guerra Mundial, Eddie Bartlett regresa da guerra e instálase en Nova York. Comeza a traballar e, en plena lei seca, vese envolto en asuntos turbios. A ascensión e caída dos (anti)heroes do período da prohibición nos Estados Unidos permite un conto de amor, amizade, poder e traizóns. Walsh substitúe a Anatole Litvak e obtén unha modélica reconstrución documental da metrópole, un tenso relato rematado por unha poderosa secuencia final, que terá magníficos continuadores (Al final de la escapada de Godard; Underworld USA de Fuller).