RIEN SUR ROBERT
Pascal Bonitzer, 1999.
107´. Subtítulos en galego.
RIEN SUR ROBERT
(Francia, 1999)
Dirección e guión: Pascal Bonitzer. Produción: Rezo Films, France 2 Cinéma, Assise Production (Francia). Fotografía: Christophe Pollock. Intérpretes: Fabrice Luchini, Sandrine Kiberlain, Michel Piccoli, Bernadette Lafont. Duración: 107 minutos.
Segunda longametraxe de Pascal Bonitzer (París, 1946), excelente crítico, guionista para xentes como Rivette, Téchiné, Chantal Akerman, Schroeder ou René Allio e mesmo habitual actor. Por momentos preto de universos creativos tan consistentes como os de Rohmer ou Buñuel, unha comedia romántica chea de encanto e construída mediante unha sólida análise dos personaxes e un medido guión, que retrata a existencia dun crítico cinematográfico.