Remando al viento
Gonzalo Suárez, 1988
96'. Subt. Castelán.
REMANDO AL VIENTO
(España, 1988)
Dirección e guión: Gonzalo Suárez. Produción: Compañía Iberoamericana de TV, Ditirambo Films e Viking Films. Fotografía: Carlos Suárez. Intérpretes: Hugh Grant, Lizzy McInnerny, Elizabeth Hurley, José Luis Gómez. Duración: 96 minutos. O recordado encontro entre literatos en Villa Diodati –Lord Byron, Mary e Percy Shelley, William Polidori- deu lugar a un dos momentos esenciais do Romanticismo: a creación da peza Frankenstein ou o moderno Prometeo por parte de Mary Shelley. Revisor de mitos, o gran literato Gonzalo Suárez, un hedonista creador de xogos de ficción que, de xeito dinámico integra dobres, identidades, máscaras e espellos, así como conflitos co instinto, crea un filme de coidada produción, banda sonora clásica, excelentes interpretacións e diálogos suxestivos que retratan toda unha época e cuxo espírito observa con lucidez. Seis premios Goya e galardón á mellor dirección no Festival de San Sebastián.