RED HOLLYWOOD
Thom Andersen e Noël Burch, 1995.
118´. Vídeo. Subtítulos en galego.
RED HOLLYWOOD
(Estados Unidos, 1995)
Dirección: Thom Andersen e Noël Burch. Duración: 118 minutos.
Regreso á caza de bruxas de Hollywood a través de fragmentos de películas -nada menos que 53- e entrevistas con algúns dos protagonistas, que permite recuperar o verdadeiro sentido (e o discurso subliminal, o tratamento de temas incómodos ou as alusións serían unha parte disto) de moitos dos traballos daquel grupo de homes perseguidos polas súas ideas. A peza fundacional deste ciclo, os seus autores, dous brillantes teóricos como Andersen (1943) e o francés Burch (1931), escribiran antes o ensaio “Les communists de Hollywood: autre chose que des martyrs” (1994).