As raices da Galicia industrial: Historia do sector da conserva
Xisela Franco, 2013
25'. Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
AS RAÍCES DA GALICIA INDUSTRIAL: HISTORIA DO SECTOR DA CONSERVA
(España, 2013)
Dirección e guión: Xisela Franco. Produción: Productora Faro S. A. para TVG. Duración: 25 minutos.
Un dos episodios da serie de 13 capítulos da TVG, Raíces. Dirixida por Xisela Franco (Vigo, 1978), presenta imaxes, moitas inéditas, dos grandes arquivos galegos, como o Arquivo Pacheco, o Museo Massó ou o Museo de Pontevedra e, sobre todo, coleccións particulares e fondos audiovisuais das grandes empresas galegas, algunhas aínda hoxe puxantes, outras desaparecidas. Este episodio, indagación na historia das conserveiras galegas, é tamén coñecido como “Con apelido catalán”.