
QUIERO LA CABEZA DE ALFREDO GARCÍA
Sam Peckinpah, 1972
112´. Subtítulos en castelán.
2ª sesión o 1º de xuño ás 18.00 horas.
BRING ME THE HEAD OF ALFREDO GARCÍA / QUIERO LA CABEZA DE ALFREDO GARCÍA
(Estados Unidos, 1974)
Dirección: Sam Peckinpah. Guión: Gordon Dawson e Sam Peckinpah. Fotografía: Alex Philips jr. Produción: Optimus Production e Churubusco Estudios para United Artists. Intérpretes: Warren Oates, Isela Vega, Emilio Fernández, Gig Young, Robert Webber, Kris Kriostofferson. Duración: 112 minutos.
A filla dun cacique mexicano queda embarazada de Alfredo García, un sedutor buscavidas. O pai ofrece un millón de dólares pola súa cabeza. Un grupo mafioso contacta con Bennie, propietario dun garito de mala morte, que grazas a Elita, a súa moza, sabe do paradoiro de García. Bennie e Elita van tras a recompensa, sen saber que detrás veñen máis apostantes. Obra-síntese, un desesperado exabrupto que permanece como un testamento artístico sen igual. Un crescendo de loucura e desgarradora agonía metaforizado no shakesperiano monólogo dun home derrotado e a cabeza dun morto.