Xornadas de Análise de Televisión
Do 1 de outubro de 2006 ao 31 de outubro de 2006
Organizado pola Fundación Instituto de Estudios Políticos y Sociales.
Patrocinado pola Secretaría Xeral de Comunicación, coa colaboración da Universidade da Coruña, TVE en Galicia, TVG, Deputación da Coruña, Colexio de Xornalistas de Galicia e Concello da Coruña, durante os días 18, 19 e 20 de outubro celébranse as “Xornadas de Análise de Televisión” con motivo de dous emblemáticos aniversarios: os 50 anos de Televisión Española (TVE) e os 20 de Televisión de Galicia (TVG). A presentación das Xornadas terá lugar o día 18 de outubro ás 19.30 horas. A continuación (20.00 horas) conferencia de apertura, “El futuro empieza hoy”, impartida polo xornalista e xefe de informativos de CNN+ Antonio San José. A partir das 18.00 horas durante os días 19 e 20 proxeccións no CGAI dalgunhas das series máis destacadas desta etapa histórica: a transición española, as relacións realidade-ficción, a traxectoria do fútbol galego,...