Play-Doc: Bette Gordon
Do 29 de setembro de 2021 ao 1 de outubro de 2021
En colaboración co Festival Internacional de Cine Play-Doc (Tui), que en 2021 celebra a súa 17ª edición, a Filmoteca de Galicia rende unha homenaxe á cineasta estadounidense Bette Gordon (Boston, 1955) composta por dúas sesións. A escolla de filmes inclúe as tres colaboracións onda James Benning: Michigan Avenue (1973) y i-94 (1974) e The United States of America (1975), de clara vocación estruturalista. También se poderán ver varias das primeiras películas que Gordon realizou en solitario e en que afianzou o seu interese polos motivos de xénero e por unhas estruturas narrativas máis tradicionais, como Empty Suitcases (1980) ou Anybody’s Woman (1981). Redescuberta recentemente, tras a estrea da súa restauración na Berlinale de 2019, a súa primeira longametraxe de ficción, Variety (1983), é sen dúbida unha das películas independentes máis importantes dos anos oitenta convertida hoxe en película de culto. Interpretada por Sandy McLeod, nela participa unha longa listaxe de nomes icónicos da vangarda contracultural da época, coma a fotógrafa Nan Goldin, a actriz Cookie Mueller e o actor Luís Guzmán. A película está coescrita por Kathy Acker, fotografada por Tom DiCillo e conta con música de John Lurie.
Coa colaboración de