Louis Malle
Do 2 de maio de 1996 ao 29 de xuño de 1996
Louis Malle. Aventura, Documental Ficción e Lembranzas
1959 foi o ano do debut na longametraxe de boa parte dos cineastas encadrados na nouvelle vague, é decir, o ano da ruptura, o ano do nacemento do cine contemporáneo. (...) Dous anos antes desa estoupido xubiloso de novos cineastas, en 1957, outro director francés de bagaxe ben distinta á dos cahieristas fixo o seu debut no formato longo. Era Louis Malle. O filme, Ascenseur pour l'echafaud. Tratábase da súa primeira película de ficción, xa que antes correalizara dúas curtas e unha longametraxe documental co equipo submariño do comandante Jacques-Yves Cousteau. Durante un tempo Malle viviu adherido á alborozada marcha da nouvelle vague. (...) Malle apareceu pois nun momento determinante da historia do cine francés, pero foi enormemente coherente e non quixo aproveitarse dunha situación que non era a súa. (...) Sempre pareceu sentirse máis cómodo nas marxes do artesanado que no coto da autoría. Partiu de presupostos moi distintos ós de Godard ou Rivette (...) e a súa formación previa á dirección resultou máis aventureira ca reflexiva. (...)
Mentres uns publicaban os seus primeiros papeis cinematográficos (...), Malle integrábase no equipo de Cousteau, quen delegou nel a realización dun par de curtas, La Fontaine de Vaucluse (1953) e Station 307 (1955), Mentres os cahieristas sentaban as bases da poltica de autor, Malle curtiase cámara en man rodando baixo a auga a bordo do submariño cientifico Colypso. (...) O cine francés fería con razón (...) e Malle, como agazapado na sombra, debuxaba as bases dunha obra rigorosa que faría da multiplicidade temática e xenérica o seu mellor estilo, por moito que fose tildado en máis dunha ocasión de cineasta carente de estilo. (...) Se en algo concidiu Malle cos membros do movemento (da nouvelle vague), foi na renuncia ó que poderíamos chamar formación académica. Se cadra por iso deberiamos equiparar a Malle cos cineastas instintivos, os clásicos, (...) nunca reflexionou nos seus comezos sobre o cine como medio de expresión, senón que se serviu del para experimentar sensacións que imaxinara lendo libros de viaxes e aventuras.
Cousteau deulle a oportunidade de converter a súa vida nun desprazamento iniciático polo mapa universal. Non só aprendeu os recursos do oficio de cineasta (...). Hai dous aspectos fundamentais nesta etapa de aprendizoxe. O primeiro é o factor documental, xénero ó que Malle acudirá en múltiples ocasións o longo da súa obra. O segundo é a súa participación como asistente de dirección en Un condamne a mort s'est echappé, non tanto polo aspecto formativo, como polas ideas que puido extraer da creación artística e persoal vendo traballar diariamente a Bresson. (...)
Malle dirixiu numerosos films de evidente carácter documental, perfecta demostración de que o seu achegamento ó xénero non foi casual nin tanxencial: os citados co equipo de Cousteau; unha sintética demostración do esforzo sobrehumán dos ciclistas en Vive le Tour (1962); visións complementarias da India en Calcutta (1968) e da serie de televisión L'Inde fantome (1969); a deshumanización do traballo en cadea nunha fábrica de automóbiles en Humain, trop humain (1974), un breve retrato da actriz Dominique Sanda en Close-Up (1976); God's Country e And the Pursuit of Happiness (1986), crónica sobre a inmigración en Estados Unidos, (...) Alamo bay é un documento ficcionado con actores e con narrativa convencional, pero que emerxe da necesidade do director por documentar experiencias e feitos concretos que a el lle impresionan e que pertencen a unha realidade allea. E ¿non son documentais sobre o tempo e o espacio teatral, sobre a teatralidade da vida e, por que non, do cine, as dúas películas que Malle fixo estreitamente con André Gregory, My Dinner with André (1981) e Vanya on 42nd Street (1994)? ¿Non é Au revoir les enfants (1987) a recreación ficcional dun documento persoal, dunha verdade íntima? (...) ¿Onde empeza e onde acaba o cine documental de Malle? ¿En que punto se funde coa realidade reconstruída no plató de rodaxe? (..) O documental é o cine da comprensión.
Distanciado desde os seus inicios do núcleo esencial da nouvelle vague (..) Malle pode situarse nunha cómoda zona intermedia do cine galo da época: non é tan radical como os valores máis cotizados da nova ola, pero tampouco realiza películas de consumo ó gusto maioritario. (...). Malle ten asi tempo para desenvolver unha filmografia aparentemente esquiva, na que os relatos de ficción, os documentais, as adaptacións literarias e a exhumación de lembranzas de infancia se van alternando ata conseguir un todo compacto. (...)
Tres aspectos, de tema, de resoancia e de estilo, destacan na súa filmografia, da que non me parece aconsellable establecer grandes divisions entre a súa etapa francesa e norteamericana. (...) O primeiro aspecto remarcable é a vontade de transcender as súas propias lembranzas de infancia e adolescencia a través do cinematógrafo, de reproducir en celuloide algunhas das pasaxes máis dolorosas e íntimas da súa vida. (…) Tres son os films definitorios deste estilo minucioso e autobiográfico de Malle. O primeiro deles, Le souffle au coeur (1971), retrotrae a un dos periodos decisivos da súa vida, cando tivo que abandoar o colexio e permanecer na súa casa ó sofrir un soplo cardiaco. (...) As outras dúas películas, Lacombe Lucien (1974) e Au revoir les enfants, reconstrúen as experiencias de guerra, por chamalas dalgunha forma, do xove Malle. (...)
Au revoir les enfants (...) mostraba a un Malle autobiográfico pero arredado das polémicas que ata entón despertaran as súas obras de carácter máis íntimo. Aquí destaca o segundo aspecto da súa obra, o da resoancia social e/ou comercial que tiveron algunhas das súas peliculas, resoancia da que loxicamente se beneficiou pero que, ó mesmo tempo, tendeu a distorsionar a imaxe do director en relación con determinadas temáticas. O incesto en Le souffle au coeur e o colaboracionismo en Lacombe Lucien (...) converteron a Malle nun cineasta incómodo, molesto, mesmo sensacionalista, para certos sectores sociais. (...)
A súa disparidade concrétase tamén no traballo de posta en escena, aleatorio aínda que sempre supeditado ás necesidades da historia. (...) Pero é a utilización da música o que marca, nalgunhas das súas obras máis importantes, unha ampla vontade de estilo. E este, o soporte musical, o elemento estilistico que me gostaría destacar.
Amante do jazz, Malle foi un dos primeiros en inaugurar a moda dos scores jazzisticos con Ascenseur pour l'echafaud, encargando a música a Miles Davis; (...) Malle quedou atrapado polo fulgor da trompeta de Davis (...) e desde entón foi utilizando a música, maioritariamente clásica e jazz, como recurso expresivo que servise de complemento ou contrapunto ás imaxes ata alcanzar a categoria indisociable das mesmas.
Quim Casas (Nosferatu, n° 21, Louis Malle)
Ciclo efectuado en colaboración con Donostia Kultura e Filmoteca de la Generalitat Valenciana.