Latinos in USA (I)
Do 1 de maio de 2005 ao 31 de maio de 2005
En colaboración con: El Ojo Cojo (Madrid)
América Latina é a rexión do mundo con maior crecemento da emigración. Os seus fillos comezan a integrar formas culturais novas, preocupacións propias e dan a luz expresións como o “rock mixteco”, o espanglish, o cine latino en Estados Unidos. Están aparecendo voces que precisan dun espazo onde ser mostradas, onde poder expresarse. Desde o “Primeiro Festival Itinerante Latinos in USA” preténdese apoiar a proposta e facilitar a exhibición dun cine comprometido e quizais máis afastado das propostas de comercialización e banalización que inundan o mercado.
“Latinos in USA” foi creada para promocionar e apoiar os cineastas latinos que deberon emigrar. Non é de ningunha forma un cine ou unha retrospectiva de categorización, é o cine da diáspora latinoamericana, un cine radicalmente diverso. Representa a vida e culturas de máis de 30 millóns de persoas. Creada por voces emerxentes, cun transfondo lingüístico-cultural común, trátase dunha mostra cinematográfica con temas e estilo heteroxéneos, integrada por un grupo de cineastas cuxos traballos se enfocan en historias tan diversas e variadas coma as súas propias vidas.
El Ojo Cojo
Ciclo producido pola Asociación “El ojo cojo” para a Integración Cultural, “Latinos in USA” consta de dez sesións que agrupan un total de seis longametraxes de ficción e outros tantos documentais e que se programarán entre maio e xuño.
![MUJERES CUBANAS: MARCADAS POR EL PARAÍSO MUJERES CUBANAS: MARCADAS POR EL PARAÍSO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_243.gif?itok=a_RQTKTq)
MUJERES CUBANAS: MARCADAS POR EL PARAÍSO
![REBELDE SIN PAUSA: REFLEJOS SIN CENSURA SOBRE EL 11 DE SEPTIEMBRE REBELDE SIN PAUSA: REFLEJOS SIN CENSURA SOBRE EL 11 DE SEPTIEMBRE](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_288.gif?itok=tpSF_S5P)
REBELDE SIN PAUSA: REFLEJOS SIN CENSURA SOBRE EL 11 DE SEPTIEMBRE
![LOS ZAFIROS: MÚSICA DESDE EL BORDE DEL TIEMPO LOS ZAFIROS: MÚSICA DESDE EL BORDE DEL TIEMPO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_289.gif?itok=6uy7i-_H)
LOS ZAFIROS: MÚSICA DESDE EL BORDE DEL TIEMPO
![SIN RETORNO SIN RETORNO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_290.jpg?itok=AmyCjUer)
SIN RETORNO
![RAÍCES CUBANAS / HISTORIAS DEL BRONX RAÍCES CUBANAS / HISTORIAS DEL BRONX](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_291.jpg?itok=soq-HBl5)
RAÍCES CUBANAS / HISTORIAS DEL BRONX
TESTIMONIO: LA HISTORIA DE MARÍA GUARDADO
![ALL NIGHT BODEGA ALL NIGHT BODEGA](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_293.jpg?itok=_-GpMGFi)