Latinos in USA (e II)
Do 1 de xuño de 2005 ao 30 de xuño de 2005
América Latina é a rexión do mundo con maior crecemento da emigración. Os seus fillos comezan a integrar formas culturais novas, preocupacións propias e dan a luz expresións como o “rock mixteco”, o espanglish, o cine latino en Estados Unidos. Están aparecendo voces que precisan dun espazo onde ser mostradas, onde poder expresarse. Desde o “Primeiro Festival Itinerante Latinos in USA” preténdese apoiar a proposta e facilitar a exhibición dun cine comprometido e quizais máis afastado das propostas de comercialización e banalización que inundan o mercado.
“Latinos in USA” foi creada para promocionar e apoiar ós cineastas latinos que deberon emigrar. Non é de ningunha forma un cine ou unha retrospectiva de categorización, é o cine da diáspora latinoamericana, un cine radicalmente diverso. Representa a vida e culturas de máis de 30 millóns de persoas. Creada por voces emerxentes, cun transfondo lingüístico-cultural común, trátase dunha mostra cinematográfica con temas e estilo heteroxéneos, integrada por un grupo de cineastas cuxos traballos se enfocan en historias tan diversas e variadas coma as súas propias vidas.
El Ojo Cojo
Ciclo producido pola Asociación “El ojo cojo” para a Integración Cultural, “Latinos in USA” consta de dez sesións que agrupan un total de seis longametraxes de ficción e outros tantos documentais e que se programarán entre maio e xuño.

DIRT

RUNNIN’ AT MIDNITE

TODOS LOS NIÑOS NACEN POETAS: VIDA Y OBRA DE PIRI THOMAS

NEW YORK SPIN
