A ilusión é perfecta: Premios Sophia 2019
Do 24 de setembro de 2019 ao 25 de setembro de 2019
A Academia Galega do Audiovisual inicia unha colaboración coa Academia Portuguesa das Artes e Ciências Cinematográficas. Esta colaboración materialízase cun intercambio de programación que permitirá a proxección en Galicia de dous traballos premiados na pasada edición dos Premios Sophia. Con ela queremos apoiar e visibilizar o traballo dos profesionais que conforman o sector, ao tempo que propiciamos o coñecemento mutuo, achegando ao público galego novas manifestacións da cultura portuguesa a través da súa cinematografía. Ámbalas Academias representan a territorios irmáns en lingua e cultura, que manteñen unha importante relación de influencia mutua, afrontando problemas comúns e creando proxectos de cooperación conxuntos.