Homenaxes A.E.H.C.: Florentino Soria
Do 17 de outubro de 2002 ao 19 de outubro de 2002
Concedidas por primeira vez en 1997, as Medallas de Honor da Asociación Española de Historiadores del Cine (AEHC) créanse para resalta-las achegas ó desenvolvemento do cine español por parte de relevantes profesionais que corren o risco de quedar esquecidos polo paso dos anos. No seu Congreso celebrado en 1999 en Ourense, a AEHC decidiu outorgar estas Medallas a profesionais alleos á dirección cinematográfica. Estes foron os casos do decorador Francisco Canet, homenaxeado polo CGAl en outubro de 200l, e do guionista Florentino Soria (Gijón, 1917). Profesor da especialidade de guión na Escuela Oficial de Cinematografía durante dezaoito anos, Soria iniciou a súa traxectoria como guionista en 1950 coa inacabada Cerco de ira, de Carlos Serrano de Osma. Participaría logo en importantes filmes renovadores como Calabuch (Luis G. Berlanga, 1956) ou La vida alrededor (Fernando Fernán-Gómez, 1959), ademais de diversas comedias e coproduccións. Subdirector de Cinematografía e Teatro entre 1962 e 1967, Florentino Soria foi tamén director de Filmoteca Española entre 1970 e 1984. Curriculum ó que habería que engadi-las súas breves intervencións como actor, sobre todo en películas dirixidas polo seu amigo Luis García Berlanga.
En colaboración con: Asociación Española de Historiadores do Cine e Filmoteca Española.