Historias de cine para nenos
Do 1 de outubro de 2008 ao 31 de decembro de 2008
Iniciativa de periodicidade mensual que, dirixida aos máis novos e contemplando a versatilidade e posibilidades de aprendizaxe a través do cinema, celebrándose as seguintes proxeccións os dias 15 de novembro e 20 de decembro.
Os rapaces deberán ir acompañados dun adulto.
A sesión deste mes, Azur y Asmar (2006) de Michel Ocelot, recoméndase para nenos a partir de 5 anos aos que se lles entregará unha ficha didáctica. A película preséntase na súa versión castelá. A entrada é gratuíta.
“Nun mundo protagonizado polas imaxes, coas súas representacións e metáforas tan influentes nos nosos hábitos, é necesario un programa de educación á imaxe. A xente nova ten unha relación con universos de ficción variados e á carta (videoxogos, Playstation e un sen fin doutros sucedáneos…), así como con masivas doses de programas televisivos, sen por iso posuír as claves que lles permitan ler e/ou interpretar as mensaxes transmitidas por medio destas imaxes.
A través desta programación mensual intentaremos ofrecer títulos variados que acheguen os rapaces a universos novos e enriquecedores, recorrendo a distintas áreas da historia do cine, procurar un abano suficientemente amplo como para estimular unha continuación máis didáctica no ámbito familiar. O descubrimento do cine en todos os seus compoñentes: curtas e longametraxes, filmes contemporáneos, cine mudo, cine de animación, documental, ficción.
A través de películas divertidas, serias ou emocionantes os rapaces descobren os momentos fortes da nosa historia, inícianse na lectura das imaxes, viaxan por outros horizontes, divírtense… E aman o cine!”