Helena Wittmann
Do 17 de marzo de 2023 ao 21 de marzo de 2023
Nada en 1982 en Neuss, Alemaña, Helena Wittmann é unha cineasta e artista visual con base en Hamburgo. Os seus traballos, como a súa ópera prima Drift (2017), foron mostrados en prestixiosos festivais internacionais como Venecia, Toronto, Nova York, Rotterdam, Oberhausen, Ann Arbor, Viennale, FID Marseille ou FICUNAM; ademais de en exposicións, e ten recibido numerosos premios. Deu clases na Academia de Belas Artes de Hamburgo entre 2015 e 2018 e ten sido mentora na Elias Querejeta Zine Eskola de Donostia. Ademais de nos seus propios filmes, tamén é directora de fotrografía doutros realizadores como Luise Donschen, Adnan Softic ou Philipp Hartmann. LOST & FOUND distribúe a súa última fita, Human Flowers of Flesh (2022), estreada no pasado festival de Locarno e que competirá no Festival de Cinema Europeo de Sevilla.
O Tandem deste mes pasa por dúas eleccións de Helena Wittmann: La tempestaire (1947) de Jean Epstein e The Great Sadness of Zohara (1983) de Nina Menkes.