Grupo Cine-Ojo: Unha experiencia de cine e memoria
Do 18 de xaneiro de 1995 ao 21 de xaneiro de 1995
A diferencia do cine de ficción, o documental en Arxentina ten tido un escaso desenvolvemento. Pese a isto, hai que sinalar algúns traballos que, aínda que discontinuados, tiveron moita significación no cine arxentino, e mesmo na cinematografia mundial. No campo da formación, a Escola de Cine Documental de Santa Fe, creada e dirixida por Fernando Birri en 1956, foi a primeira escola en América Latina que se dedicou á formación de cineastas documentalistas. Ali producironse algúns filmes de importancia como o célebre Tire Dié.
Nos anos setenta destacouse o traballo de Fernando Solanas co «Grupo de Cine de Liberación» (La hora de los hornos, Actualización política y doctrinaria); asi como Raymundo Gleyzer e o «Grupo Cine de la Base» (México, la revolución congelada, Los traidores). Nunha liña menos política e militante Jorge Prelorán produce un cine de tipo etnobiográfico (Cochengo Miranda, Araucanos de Rucha Choroy, Los hijos de Zerda).
Nun país como a Arxentina, desestructurado permanentemente por golpes militares, fíxose moi dificil producir un cine que falase da realidade. Durante a última dictadura militar (1975-82) moitos dos cineastas que traballaban neste campo sufriron persecución, cárcel e exilio; entre eles Raymundo Gleyzer, quen foi secuestrado e aínda continúa desaparecido.
Hacia finais deses anos de represión, comeza a xestarxe un cine documental subalterno, realizado principalmente en formato Super 8 mm. Isto vai xerar, aínda que por un breve lapso de tempo, un movemento que tivo como motores a Escola de Cine de Avellaneda e as Xornadas de Cine Independente de Villa Gesell. Lévanse a cabo tamén algúns intentos por darlle unha saída comercial a este cine coa estrea de curtametraxes documentais nunha sala de ane e ensaio, realizados por cineastas independentes.
Co interese de afondar na linguaxe dun cine documental propio, constitúese en 1986 o «Grupo Cine-Ojo», integrado entre outros por Marcelo Céspedes con dous filmes documentais previos que tiñan obtido unha ampla difusión e aceptación, e Carmen Guarini (especializada en cine documental en París xunto a Jean Rouch). A eles sumaránselles outros realizadores, técnicos de cine e especialistas en ciencias da comunicación e sociais. Eles darán vida e continuidade ó más importante núcleo de xente que hoxe segue traballando polo desenvolvemento deste «novo cine», como o denominara Louis Marcorelles.
Cine-Ojo nace e se afianza arredor de tres liñas moi concretas de traballo: a producción e coproducción internacional de documentais de creación, a difusión do cine documental de autor e o rexistro cinematográfico (e hoxe tamen videográfico) de feitos sociais e políticos co proposito de contribuír á constitución da memora histórica do país. O que o caracteriza é unha metodoloxía de traballo que combina a inserción prolongada entre os grupos filmados xunto a unha investigación periodistica e antropolóxica, que mostra unha preocupación por penetrar a verdade profunda. Cine-Ojo desde hai case tres anos filma e conserva nun arquivo audiovisual (chamado Banco de Imaxes) as acontecementos máis importantes da actual historia do país. Unha experiencia inedita, tanto máis se se ten en conta os escasos e mal conservados arquivos que hai en Arxentina. Os seus membros realizan tamén tanto en forma individual como grupal tarefas de formación a través do dictado de seminarios, charlas e debates.
Cine-Ojo colabora desde a súa práctica cinematográfica ao coñecemento e discusión dos diversos temas e problemas da realidade arxentina, pero o fai mediante un traballo grupal e cooperativo. Os temas elixidos gardan a coherencia de mostrar a outra cara dun pobo. Os habitantes dos mundos que relatan xa sexa desde os hospitais psiquiátricos, as vilas miseria, ou desde un pobo mineiro: falan dos súas loitas, insertos nun cotián que reflicte tanto as súas esperanzas como as súas dificultades, pero o fan sen lirismos, sen compracencias. Como os súas propias vidas.
Ó mérito pouco frecuente de estrear comercialmente cada unha das súaas obras, hai que mencionar as experiencias de coproducción internacional que Cine-Ojo vén realizando desde 1988 con Francia, España e Canadá. No contexto dunha crise de producción xeralizada, podemos considerar o traballo de Cine-Ojo como unha verdadeira utopía.
Texto por Grupo Cine-Ojo.

La noche eterna

Hospital Borda: un llamado a la razón

Buenos Aires, crónicas villeras + Por una tierra nuestra
