OFF GALICIA
Do 1 de novembro de 2013 ao 21 de decembro de 2013
Continuamos co percorrido polas novidades presentes no cine galego contemporáneo. A aproximación ao mundo do teatro é a esencia de Onde as rúas non teñen nome de Alba Vázquez. Up Against the Wall Motherfuckers!, un valioso traballo de metraxe histórica,
ten un dos seus artífices, o montador Marcos Florez, establecido entre nós. A Raia descobre a figura dun singular camarógrafo e cineasta, Iván Castiñeiras. Seguen os documentais musicais da serie “Tolemias”, nesta ocasión con outro traballo de Segundo Grandío, Alma e industria, produción de Casa de Tolos e da canle de televisión R. Alberte Pagán filma en A realidade a Colombia da guerra civil a modo de noticiario independente e o espectador topa
con múltiples sorpresas, sempre fronte a verdades oficiais. Por último, Simone Saibene, residente en Ourense, crítico, programador e director, mostra a súa primeira longametraxe galega, 9 Olas, outro relato de movemento e desasosego.
Agradecementos: Alba Vázquez, Fernando Dacosta, Claudio Pato, Marcos Florez, Samuel M. Delgado, Iván Castiñeiras, Segundo Grandío, Luis Martínez, Alberte Pagán, Simone Saibene.

Onde as rúas non teñen nome

Up Against the Wall Motherfuckers!

A Raia

Alma e Industria

A realidade
