OFF GALICIA
Do 8 de xaneiro de 2013 ao 28 de febreiro de 2013
A primeira programación do CGAI en 2013 encarna a pluralidade de propostas pola que está transitando o cine galego. Un proxecto de longo percorrido, N-VI de Pela del Álamo, penetra desde a sensibilidade da non ficción contemporánea no túnel do tempo dunha estrada mítica. Piedad representa o seguimento emotivo e minucioso dun itinerario de dous anos de vida, primeira longametraxe do fotoxornalista Otto Roca. En Fóra, Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas achégannos á historia do psiquiátrico de Conxo cunha mestura sagaz de materiais de diversa índole. O Proxecto Socheo é un plan de recuperación de imaxes con carácter participativo que presenta fragmentos de filmes recuperados na zona da Guarda grazas á iniciativa de Luis Cividanes, Gustavo González, Xurxo Gonzaléz e Beli Martínez. A curtametraxe de animación O xigante de Luis da Matta Almedia e Júlio Vanzeler e mais un avance de A tropa de trapo II grazas á produtora Chelo Loureiro, veñen acompañadas da interpretación musical en directo de María Manuela (voz) e Xurxo Varela á guitarra.
Agradecementos: Pela del Álamo, Otto Roca, Ximena Losada, Pablo Cayuela, Xan Gómez Viñas, Xurxo González, Beli Martínez, Luis Cividanes, Gustavo González, Chelo Loureiro, María Manuela, Xurxo Varela, Nani García.

N-VI

Piedad

Fóra

Proxecto Socheo
