Fritz Lang en América (V)
Do 1 de febreiro de 2005 ao 28 de febreiro de 2005
En colaboración con: IVAC-La Filmoteca (Valencia), Donostia Kultura (San Sebastián), Filmoteca Vasca (San Sebastián).
Baixo o título “Fritz Lang en América” este ciclo recolle case unha vintena de títulos de Fritz Lang, a maioría deles enmarcados no xénero do cine negro, xunto algunha que outra incursión no western ou no cine de aventuras. Exiliado do réxime nazi, Lang desenvolveu en Hollywood unha importante carreira entre 1936 e 1956 que o levou a adaptarse perfectamente ao cine dos grandes estudos, aos que achegou toda a súa mestría e a influencia do expresionismo alemán, do que fora un dos seus principais artífices. O ciclo prolongarase desde o mes de outubro até principios de marzo de 2005. Como complemento editarase un número especial da revista Nosferatu.