Extraterritorial
Do 1 de marzo de 2008 ao 31 de marzo de 2008
Continúa esta sección de periodicidade mensual, iniciada en novembro e nada coa vocación de presentar traballos de corte experimental, propostas periféricas e alternativas, fóra tanto de convencións narrativas como de circuítos de exhibición e distribución ao uso. Presididas pola quebra coa narración institucionalizada, amosamos un conxunto de propostas heteroxéneas e singulares pouco coñecidas, atípicas e a contracorrente, á marxe (case sempre de maneira absoluta) da senda pola que circula o resto da produción. Este mes, seleccionamos varios traballos recentes, Pó de estrelas do galego Alberte Pagán, autor de Bs. As., seleccionado na Sección Oficial no último Festival Internacional de Cine Documental de Navarra, e dous traballos firmados por un dos programadores deste festival, o tamén crítico (“Cahiers du Cinéma España”) Gonzalo de Pedro.
Agradecementos: Gonzalo de Pedro, Alberte Pagán.