Día do Cine Español
Do 6 de outubro de 2021 ao 7 de outubro de 2021
A Filmoteca de Galicia súmase á celebración do Día do Cine Español cun dobre pase de Esa pareja feliz (1951), codirixida por Luis García-Berlanga e Juan Antonio Bardem.
A película, cuxa data de fin de rodaxe foi o 6 de outubro, determina a efeméride que se celebra por primeira vez este ano. Haberá dúas sesións na sala José Sellier, ás 18,00 e ás 20,45 horas, con entrada de balde
Instaurado polo Ministerio de Cultura y Deporte, o Día do Cine Español ten como obxectivo o recoñecemento do papel dos cineastas, así como a súa influencia e importancia na vida cultural e social. Reivindica tamén o valor patrimonial do cinema e a súa transcendencia decisiva na creación da identidade e imaxinario común.
Para a conmemoración, que xorde seguindo a estela doutras celebracións similares no ámbito da cultura, como o Día do Libro, do Teatro, dos Museos ou das Bibliotecas, levaranse a cabo máis de 250 actividades en 100 países, organizadas por embaixadas,. Institutos Cervantes, centros culturais de España e do exterior, filmotecas, academias de cine e festivais.