De portería a portería: Fútbol e cinema desde Galicia e A Coruña
Do 12 de setembro de 2016 ao 22 de outubro de 2016
A celebración en 2016 do 110º aniversario da fundación do Real Club Deportivo de La Coruña, unida ao Congreso Internacional que, baixo o título “El hombre que quiso crear: literatura, periodismo y cine en la obra de Wenceslao Fernández Flórez”, organiza a Fundación Wenceslao Fernández Flórez co apoio doutras institucións públicas e privadas, motivan este ciclo, en que dúas películas sobre fútbol intimamente ligadas a Galicia, á Coruña e ao propio Fernández-Flórez, se acompañan dunha rigorosa recompilación histórica das imaxes cinematográficas conservadas sobre o club branquiazul.
En colaboración coa Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
Agradecementos: Filmoteca Española, Vídeo Mercury.