Contos de Marineda. A Coruña e o cine (IV)
Do 1 de outubro de 2008 ao 31 de outubro de 2008
En colaboración co Concello da Coruña.
Durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2008, cunha periodicidade dun día semanal (os martes) o CGAI, en colaboración co Concello da Coruña, organiza unha proxección de traballos cinematográficos vinculados á cidade da Coruña con motivo do seu 800 aniversario. O ciclo, enmarcado de forma ampla, e dividido en dous bloques, achegounos na primavera a obras con imaxes recuperadas da cidade ou ambientadas nela, títulos localizados e rodados na urbe. Nestes meses de outono o ciclo referirase aos traballos fílmicos executados por personalidades ligadas ao cine procedentes da cidade (directores, guionistas, produtores, actores), comezando polo director Ramón Torrado (1905-1990), autor do célebre Botón de ancla (1947), filme no que participa como actor o característico coruñés Xan das Bolas, así como o director de fotografía Andrés Pérez Cubero; o guionista Juan Antonio Porto, autor do guión d’El bosque del lobo (1970), onde tamén se relacionan outros dous profesionais orixinarios da cidade, o autor adaptado, o intelectual Carlos Martínez-Barbeito, e o magnífico característico Antonio Casas.
Agradecementos: Cristina Bernáldez, Filmoteca Española, Jesús Cano, Vídeo Mercury, Jos Oliver, Rosebud Films.
![BOTÓN DE ANCLA](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/boton_de_ancla.jpg?itok=6kRB4YBp)
BOTÓN DE ANCLA
![EL BOSQUE DEL LOBO EL BOSQUE DEL LOBO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1387.jpg?itok=eVwmIH3K)