CIRCUÍTO
Do 7 de xaneiro de 2014 ao 28 de febreiro de 2014
En colaboración con Tabakalera, Centro Niemeyer, MUSAC e Culturarts-IVAC Valencia.
CIRCUÍTO é unha rede de salas de exhibición en centros culturais públicos para atender a proxección de películas de calidade provenientes do circuíto internacional de festivais que non contan con distribuidora en España. O programa, cuxa intención é presentar como media unha película ao mes, arrinca en cinco sedes: Tabakalera (Donostia), MUSAC (León), Centro Cultural Niemeyer (Avilés), Filmoteca de Culturarts-IVAC (Valencia) e CGAI-Filmoteca de Galicia (A Coruña). As primeiras dúas películas que se exhibirán serán Museum Hours, de Jem Cohen (2012), a quen o CGAI xa lle dedicou unha retrospectiva hai uns anos, e I Used To Be Darker, de Matthew Porterfield (2013), a terceira longametraxe do seu director e película que comezou a súa carreira internacional nos festivais de Berlín e Bafici de 2013.

Museum Hours
