Ciclo Cecil B. DeMille
Do 28 de decembro de 2016 ao 17 de febreiro de 2017
Cecil B. DeMille foi un dos produtores máis lucrativos do Hollywood clásico, con éxitos de público que marcaron fitos na historia do cine tales como Los diez mandamientos, protagonizada por Charlton Heston e dirixida por el mesmo en 1956. As súas historias levábano decote a lugares fantásticos ou aventureiros cheos de exuberancia, e a traballar coas estrelas máis á moda da altura: John Wayne, James Stewart ou Gary Cooper, entre outros.
Este ciclo recolle unha pequena mostra da súa obra como director, que incluíu 80 películas. Os títulos escollidos son algúns dos máis significativos dese cine que facía voar a imaxinación, que nos transportaba a outros lugares e outras épocas, a un mundo irreal e fantasioso que nunca existiu. Todo un universo creado por unha das maiores lendas de Hollywood, onde o que tiña importancia era unha boa historia e abraiar cuns medios técnicos que rozan a excelencia e superan a proba do tempo. Paixón e pirotecnia nas mesas, doses para un cóctel espectáculo. Así era o cine de Cecil B. DeMille.

Cleopatra

Reap the Wild Wind / Piratas del mar Caribe

Union Pacific / Unión Pacífico
