CGAI Júnior
Do 1 de xaneiro de 2011 ao 31 de xaneiro de 2011
Nun momento onde as imaxes posúen un enorme protagonismo e os rapaces achéganse maioritariamente a elas a través de ámbitos como a televisión, internet ou os videoxogos, propóñense outros camiños que poidan revelar novas emocións ao tempo que o pracer de compartilas con outros novos espectadores na mesma sala: achegarse ao cine no cine. A través da súa diversidade, de narracións divertidas, serias ou emocionantes os rapaces descobren momentos da nosa historia, inícianse na lectura das imaxes, viaxan por outros horizontes, divírtense… e aman o cine!
Con cada película entregarase unha ficha didáctica para realizar no ámbito familiar. A entrada é gratuíta.
El perrro mongol
Byambasuren Davaa, 2006.
Cuentos de Hungría
Marcell Jankovics, 1980.