Camiños de concordia (I)
Do 1 de maio de 2005 ao 31 de maio de 2005
En colaboración con: Xacobeo, S.A.
Coincidindo coas actividades de “Galicia, camiños de concordia” na cidade da Coruña, o CGAI programa entre o 30 de maio e o 3 de xuño un ciclo de cinco películas que teñen como temas comúns a concordia e os dereitos humanos: “Tres no camiño”, de Laurence Boulting, “El hijo”, dos irmáns Dardenne, “S21”, de Rithy Pahn, “Moolaadé”, de Ousmane Sembene, e “Nuestra música”, de Jean-Luc Godard.
Agradecementos: Filmanova, José María Paz Gago.
EL HIJO
Luc e Jean-Pierre Dardenne, 2002.
TRES NO CAMIÑO
Laurence Boulting, 2004.