ANIMACIÓN PROHIBIDA: OS 13 CENSURADOS
Do 7 de xaneiro de 2014 ao 28 de febreiro de 2014
“Censored eleven” é unha famosa lista de once cartoons da Warner Bros cuia distribución foi prohibida a partir de 1968 polos seus contidos politicamente incorrectos. Pero outros estudios de Hollywood tamén produciron no seu momento curtas de debuxos animados hoxe en día censuradas debido aos seus contidos racistas, sexuais ou politicamente incorrectos. O produtor e xornalista Ignacio Benedeti, numerario da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España (especialidade de animación), confeccionou unha selección de 13 cartoons censurados que non só inclúe obras da Warner, senón tamén doutros estudios, como Walt Disney, MGM ou Paramount. Estas obras, producidas entre 1929 e 1946, serán exhibidas no seu soporte cinematográfico orixinal, tal e como foron concebidas: para a pantalla grande dunha sala de cine.