After Hours
Do 1 de febreiro de 2009 ao 28 de febreiro de 2009
Operación Fracaso, tres videocreacións e un programa de televisión vinculados ao tango e fusión de varios talentos singulares. Catro pezas relacionadas co xénero concibidas desde visións estéticas non tradicionais. Inspiradas no traballo en colaboración de dous porteños afincados en Galicia, Gastón Rodríguez e José Luis Ducid, un espectáculo que, nos intermedios, permítelle ao pintor (e figura central no deseño global do proxecto) Pablo Outón proxectar os seus arrabaleiros graffitis, mentres a guitarra de Gastón Rodríguez e a voz de Marcos Doré regalarán algúns temas afíns e algunha que outra sorpresa que se lle reserva ao espectador.
Agradecementos: José Luis Ducid, Pablo Outón, Gastón Rodríguez, Marcos Doré.