Passage Through a Ritual + Christ Mass Sex Dance (*) + Crack Glass Eulogy + Boulder Blues and Pearls and...
Stan Brakhage, 1990-1992
86'. 16mm. Entrada de balde
(*) O filme Christ Mass Sex Dance (1991), non xe proxectará por estar en restauración no Academy Film Archive. Confiamos recuperala para o mes de xuño na nosa programación.
Passage Through a Ritual
(Estados Unidos, 1990)
Stan Brakhage, cor, son, 16mm. Dur: 50'.
Cando recibín a cinta de Philip Corner Through the Mysterious Barricade, Lumen 1 (por F. Couperin), incluíu unha nota en que me daba as grazas polo meu filme THE RIDDLE OF LUMEN, que acababa de ver e que inspirara dalgún xeito a súa música. Eu, en troques, emocioneime tanto coa cinta que me enviou, que lle pedín inmediatamente se podía “axustala a un filme”. Requiriume un proceso de edición máis exacto que ningún outro, e nese proceso ocorréuseme que fixera THE RIDDLE OF LUMEN coa esperanza de obter un filme “de resposta” e entreterme cun enigma visual ao xeito dos poetas de antano. A verdade é que agardaba que Hollis Frampton (polo lema de Zorn) aceptase o desafío; mais nunca o fixo. Dalgunha maneira creo que o compositor Corner si o fixo – agora contamos con esta danza de enigmas, pois a música e o cinema combínanse para crear unha “pasaxe” – e con todo o sentido do mundo, indo máis lonxe. (Para ser absolutamente “verdadeiro” ao ritual de pasaxe, os dous rolos da película deberían mostrarse nun proxector, usando o espazo de tempo normal, sen rebobinar o primeiro rolo ou mostrando as colas de final e inicio dos dous – especialmente sen mudar os diais de son – entre as bobinas).
-Stan Brakhage
Nova copia con banda sonora restaurada.
Crack Glass Eulogy
(Estados Unidos, 1992)
Stan Brakhage, cor, son, 16 mm. Dur: 7’.
Unha visión nostálxica da vida na cidade – as potenciais estelas da memoria vistas coma se sempre estivesen no límite de cortar a mente en anacos... “A nostalxia é o máis perigoso proceso da memoria” - o poeta Charles Olson, a mediados dos sesenta.
Boulder Blues and Pearls and ...
(Estados Unidos, 1992)
Stan Brakhage, cor, son 16mm. Dur: 23'.
Música por Rick Corrigan.
Visión periférica da rutina diaria cando a mente xa non dá máis – por exemplo, unha aterradora éxtase de nervio sinóptico (pintado á man) acaba por estoupar ao pensar no abrazo da vida.