Papusza
Joanna Kos-Krauze e Krzysztof Krauze, 2013
131'. Vídeo HD. Subt. castelán.
PAPUSZA
(Polonia, 2013)
Dirección e guión: Joanna Kos-Krauze e Krzysztof Krauze. Fotografía: Krzysztof Ptak. Produción: Argomedia Productions. Intérpretes: Jowita Miondliklowska, Joanna Niemirska. Duración: 131 minutos.
Unha narración baseada en feitos reais, a historia de Papusza, unha muller cantautora de etnia romaní que viviu en Polonia e foi a primeira poeta cigana traducida e publicada en polaco. Acusada de traizón por revelar nos seus poemas os segredos da alma xitana, foi excluída da súa comunidade e tivo que calar para sempre. A súa vida e obra reflicten o tráxico destino dos xitanos polacos (cyganie) no século XX. Premiada en Valladolid, Karlovy Vary, Tesalónica o Istambul.