ORDET
Carl Th. Dreyer, 1955
128’. Subtítulos en castelán
ORDET / LA PALABRA
(Dinamarca, 1955)
Dirección e guión: Carl Theodor Dreyer. Argumento: Kaj Munk. Produción: Palladium. Fotografía: Henning Bendtsen, John Carlsen, Eric Willumsen. Intérpretes: Henrik Malberg, Emil Hass Christensen, Preben Lerdoff Rye, Cay Kristiansen. Dur.: 128 min.
O vello Borgen é un campesiño acomodado da costa oeste de Jutlandia. Tras a súa bondadosa aparencia exerce unha férrea tiranía familiar sobre os seus fillos, que se resisten ao seu ortodoxo cristianismo.