Nothing Sacred / La reina de Nueva York
William A. Wellman, 1937
77'. DCP. Subt. Castelán
Nothing Sacred / La reina de Nueva York
(Estados Unidos, 1937)
Dirección: William A. Wellman. Guión: Ben Hecht, Ring Lardner Jr., Budd Schulberg. Fotografía: W. Howard Greene. Intépretes: Carole Lombard, Fredric March, Charles Winninger, Walter Connolly, Sig Ruman, Frank Fay, Troy Brown Sr., Max 'Slapsie Maxie' Rosenbloom, Margaret Hamilton, Olin Howland. Dur: 77'.
Un reporteiro en horas baixas convence o seu editor para inflar unha noticia sobre unha muller que sofreu envelenamento por radio. Como convidada do diario Morning Star de Nova York, a suposta moribunda acaba por brillar como estrela mediática, pero ten as horas contadas de se descobrir a argallada.
Un clásico da comedia screwball cun argumento louco do que terma o duelo interpretativo de Fredrich March e Carole Lombard, enfrontados e namorados. Foi un dos últimos papeis da raíña da comedia do momento, antes da súa repentina morte en 1941, e o único en Technicolor. Considerábaa unha das súas mellores actuacións.