Notes on the other/ A story for the Modlins
Sergio Oksman, 2009-2012
40'. DCP. Subt. Castelán. Entrada de balde. Presentación: Sergio Oksman
NOTES ON THE OTHER
(España, 2009)
Dirección: Sergio Oksman. Guión: Carlos Muguiro, Sergio Oksman. Dur.: 13'.
O mesmo día que Ernest Hemingway foi soterrado, o 7 de xullo de 1961, un dos seus dobres máis famosos deixábase ver polas festas de San Fermín en Pamplona. Hoxe en día, decenas de dobres de Hemingway compiten no concurso anual que se celebra en Kay West, Florida.
A STORY FOR THE MODLINS
(España, 2012)
Dirección: Sergio Oksman. Guión: Carlos Muguiro, Emilio Tomé, Sergio Oksman. Dur.: 26'.
Despois de intervir en La semilla del diablo de Roman Polanski, Elmer Modlin fuxiu coa familia a un país arredado. Trinta anos despois, centos de fotografías e documentos íntimos da familia apareceron ciscados na beirarrúa como un crebacabezas, a agardar que alguén imaxinase “unha historia para os Modlin”.