Of the North
Dominic Gagnon, 2015
74'. DCP. Subt. Castelán
OF THE NORTH
Dominic Gagnon / 74 min. / 2015 / Canadá
Na súa película anterior, Hoax_canular, Gagnon mostraba as obsesións dunha mocidade occidental tentada polo nihilismo a través da montaxe de vídeos amadores publicados en liña por adolescentes. En Of the North continúa con este método, mais subverte o xesto canónico de Robert Flaherty, inventor do documental “posta en escena”. Atopamos aquí os descendentes de Nanook, os habitantes do Ártico, a faceren o seu propio cinema. Gagnon xunta case 500 horas de vídeos publicados en YouTube por centos de cineastas afeccionados inuit, dálles coherencia e crea un anti-exótico e rítmico kino-eye vertoviano, que inclúe escenas de caza, bebedeiras, plataformas petrolíferas, porno, carreiras e osos polares. Unha desenfreada e vulgar aculturación revélase nesta festa audiovisual, co son do idioma dos inuit de fondo e desmóntanse, así, os clichés dunha comunidade decote confinada ás marxes do mundo contemporáneo. (Emmanuel Chicon)