La sortie
- 10 min.
Remake amargo –cómico por momentos– da primeira obra da historia do cinematógrafo (La Sortie des Ouvriers de l’Usine Lumière), que pasa a converterse na última película da historia.
«La sortie gañou o Gran Premio debido ao seu éxito en conseguir transformar un acontecemento banal (o peche dun cine) nunha experiencia complexa e emocional, que nos mostra a fraxilidade dolorosa e a evanescencia de toda empresa humana e da vida en xeral». Radu Jude, xurado de One Take Film Festival.
- Ano:2008
- Países de produción: España
Comentario da sesión
Ángel Rueda
Nesta segunda sesión realizaremos un percorrido pola filmografía do cineasta leonés Chus Domínguez, unha das voces máis interesantes e coherentes do cine do real contemporáneo en España, a través de pezas fundamentais.
Esta sesión traza a evolución dunha obra en constante mutación, profundamente ligada ao territorio, a memoria e a experimentación formal. Desde o seu estreito vínculo con Galicia, nunha primeira etapa marcado por unha mirada poética e contemplativa. Á procura dos límites e novas vías de expresión cinematográfica. A inmersión no formato do diario filmado, á súa obra máis crítica e estrutural atravesada pola influencia do cineasta estadounidense James Benning. Para finalmente penetrarmos no seu traballo máis colaborativo.
O programa rematará cun avance dos seus próximos traballos, KAWA codirixido con Nilo Gallego e A BLACK FILM, actualmente en desenvolvemento.