No hay camino
- 18 min.
O Tapón do Darién é unha selva entre Panamá e Colombia que une Sudamérica con Centroamérica. Para moitos migrantes, é o espazo no que se inicia o itinerario cara aos Estados Unidos. Así, cando menos, o narra en vídeos que penduran en redes sociais e que vemos aquí. Luciana Espinoza Hoempler convértenos en testemuñas desa migración, pero á vez resalta a nosa habitual distancia como espectadores. Lonxe da espectacularización mediática, a espontaneidade das testemuñas xera unha incómoda estrañeza política.
- Ano:2026
- Países de produción: España, Perú