La noche está marchándose ya
Octavio Bertone, Juana Oviedo, Rodrigo Fierro, Martín Emilio Campos, Fabián Costa, Lionel Castelli, Martín Álvarez, Pablo Limarzi
- 104 min.
O primeiro canonazo de luz en branco e negro no esperado debut na longa de Salinas & Sonzini soa coma o renxido dun deses vinilos gastados que se atopan nun anticuario. Algo con texturas “añejas”, como aqueles LPs incunables de John Lurie para os primeiros traballos de Jarmusch. As travesías (a ritmo de Bernard Herrmann) do garda de seguridade nocturno “Pelu” polos corredores do lendario “Cine Club Hugo del Carril” son o maior (e o menos “quejumbroso”) manifesto dun cineasta “contra o desgoberno autoritario de Javier Milei”. O “Pelu” recruta senteitos e desherdados das rúas da Córdoba arxentina para alimentalos con películas de Borzage, Ozu e McCarey. Un soño utópico no que o clasicismo do cine nas súas idades douradas quita a fame. Unha versión cordobesa de Las uvas de la ira nunha era de Gran Depresión. Cine popular contra o populismo. (Fonte: Seminci)
-
Fóra de serie
La noche está marchándose ya
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresenta: Ramiro Sonzini.
-
- Ano:2025
- Países de produción: Argentina
- Produtora(s): Gong Cine, Punto de Fuga Cine, La Bruja Roja
-
Hablar mientras esperamos
Entrevista con Ariadna Vidal e Carlos Losilla (Caimán. Cuadernos de Cine)
-
Crítica do filme
Mónica Delgado (Desistfilm)
Tráiler do filme
Avance cinematográfico VO