Kontinental ’25
Eszter Tompa, Gabriel Spahiu, Adonis Tanța, Oana Mardare, Șerban Pavlu
- 109 min.
Orsolya é alguacila na cidade de Cluj, en Transilvania. Fiel ao seu cargo, debe executar o desafiuzamento dun home sen teito que vive no soto dun edificio do centro destinado a converterse nun hotel de luxo. Pero un suceso inesperado confróntaa de súpeto coas súas propias contradicións, desencadeando nela unha profunda crise moral.
- Ano:2025
- Países de produción: Luxemburgo, Reino Unido, Romanía, Suíza
- Guión: Radu Jude
- Fotografía: Marius Panduru
- Montaxe: Ron Rosen, Armen Gasparian, Steven Lang
- Produtora(s): Saga Film, Bord Cadre Films, Sovereign Films, Paul Thiltges Distributions
-
Kontinental '25: Radu Jude, un móvil, 10 días de rodaje y una metáfora kafkiana y genial (****)
Luis Martínez (El Mundo)
Tráiler
VOSE
Comentario do director
Radu Jude
A primeira faísca da historia xurdiu dunha noticia que lin hai anos sobre unha situación similar. Tomei notas e mesmo lla propuxen no seu momento a HBO Romanía para unha película para televisión, pero non saíu adiante. Co tempo, a historia seguiu rondándome a cabeza, sobre todo a medida que o desenvolvemento inmobiliario e a desigualdade se facían máis pronunciados en Romanía. A pesar do aumento do PIB, a brecha entre ricos e pobres non fixo máis que medrar, e iso é moi preocupante.
Nalgún momento, lin un artigo sobre Europa ‘51, de Rossellini, e volvín ver a película. Chamoume a atención o tema: unha muller consumida pola culpa, en busca da redención. Vin paralelismos coa miña historia e decidín explorar eses temas, pero dun xeito menos metafisicamente tráxico e máis baseada nunha mestura moi contemporánea de comedia e drama. Podería dicirse que a miña película é unha especie de caricatura de Rossellini. E houbo outra influencia máis: volvín ver Psicosis, de Hitchcock, que inspirou a estrutura da película. Psicosis comeza cunha vítima e logo cambia o foco cara ao perpetrador. Seguindo esa idea: a historia do vagabundo dá paso á de Orsolya. Ela non é a asasina, pero, dun xeito simbólico, sente que podería ser cómplice, como todos os que a rodean, en certa forma. Así é como tomou forma a película.