Blue Moon
Ethan Hawke, Margaret Qualley, Bobby Cannavale, Andrew Scott, Jonah Lees, Simon Delaney
- 100 min.
Segundo biopic atípico de Linklater no mesmo ano, centrado na figura do letrista Lorenz Hart, creador de temas como My Funny Valentine ou o Blue Moon do título, convertidos en clásicos do cancioneiro popular norteamericano. É a noite do 31 de marzo de 1943. Mentres o seu excompañeiro Richard Rodgers goza da gala de estrea do seu musical Oklahoma!, un Hart abatido, que se sente fóra de onda e irrelevante no artístico, acode antes de que remate o espectáculo ao bar Sardi’s, onde se celebrará a festa da premiere. Alí comparte penas co seu colega camareiro (Bobby Cannavale) e co escritor E.B. White (Patrick Kennedy), quen casualmente se atopa nunha das mesas, mentres agarda por unha misteriosa muller de 20 anos coa que está obsesionado (Margaret Qualley). Se Nouvelle Vague fai un uso excelso de exteriores, Linklater opta aquí por unha única localización interior para un estudo de personaxe máis intimista e introspectivo. Á cabeza dun elenco grandioso, un Ethan Hawke nomeado ao Oscar, xunto ao autor do libreto, Robert Kaplow.
- Ano:2025
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Robert Kaplow
- Fotografía: Shane F. Kelly
- Montaxe: Sandra Adair
- Produtora(s): Detour Pictures, Cinetic Media, Renovo Media Group, Sony Pictures Classics, Under the Influence Productions, Wild Atlantic Pictures