La mente en blanco
Miguel Gallardo, Marco Navas
- 73 min.
La mente en blanco é un documental onde o ilustrador e historietista Miguel Gallardo e Marco Navas, escultor miniaturista e diagnosticado como Asperxer, realizan unha disección tan pedagóxica como divulgativa, da súa experiencia no espectro autista. Falan das situacións nas que se poden atopar as persoas con autismo: cando necesitan silencio, orde, ter definidas as súas rutinas (ou non); da súa alta capacidade de aprendizaxe e adaptación; de como abordan o seu día a día e de como moitos se mimetizan co paso do tempo “coma se volvesen aos seus planetas de orixe”.
Un documental que transmite unha visión do autismo sen afectación, con espírito divulgativo, frescura e mesmo con humor.
- Ano:2025
- Países de produción: España
- Guión: Juan Cruz
- Fotografía: David Valldepérez, Marco Navas
- Produtora(s): Hospiwood